PREPARANDO A EXCURSIÓN DO OBRADOIRO DE CÁLCULO E LECTURAS DIVERTIDAS


EXCURSIÓN Á TERRA DO POETA AÑÓN

Despois de rematar o libro “A cara oculta da lúa” da serie dos Megatoxos, do xenial  Anxo Fariña, no obradoiro preparamos un xogo de pistas, cunhas probas que tiñan por obxectivo  ir coñecendo a figura do poeta Añón, do veciño Concello de Outes, xa que na excursión do obradoiro farase un percorrido por algúns espazos que percorreu en vida o insigne poeta, no Concello de Outes. Finalmente iremos a comer á tamén cercana praia de Broña, no propio Concello de Outes.
Así en grupo, debían ir seguindo as pistas que se lle daban e, despois de facer uns cálculos, buscar a algunhas das colaboradoras do obradoiro, (neste caso a profesora de 1º, Mónica, e a nosa secretaria, Luísa) que tiñan a seguinte pista, que lle daban si os cálculos eran os acertados, claro. Finalmente debían reunir tres anacos en que tiñamos dividido o poema do Poeta Añón, “Diante da torre de Hércules” e recitarllelos ao profe Luís, que estaba de garda no patio. A continuación algunhas fotos do xogo de pistas.