MADRIÑAS LECTORAS

E xa chegou fin de curso! 
Sen case darnos conta xa remata o curso 2015/16 e con el vanse pechando tamén algunhas das actividades que se  levaron a cabo durante todo o ano, como a das MADRIÑAS LECTORAS. Foi unha actividade moi gratificante, tanto para o alumnado de E. Infantil coma para o alumnado de ESO que participa. O mércores 17 xuntáronse por última vez  neste curso os integrantes desta actividade e intercambiaron uns agasallos, o alumnado de Infantil regaloulles ás súas madriñas uns pens de animaliños, moi útiles e moi chusquiños!, e as madriñas agasallaron aos pequenos cunhas pelotas saltarinas coas que xogar no verán. A continuación algunha fotiño.

 Animádevos a ser padriños lectores o próximo curso!!!

BOAS VACACIÓNS AMIGUIÑOS!!