STORYTELLING

O pasado luns 2 de xuño pasámolo bomba.Chegou ao cole Margot, unha marabillosa actriz e contacontos de Bristol que nos contou dous graciosos e fermosos contos. Aprendemos moito aínda que tivemos que esforzarnos un montón xa que era integramente en inglés. Aínda así entendemos e participamos todos.

O primero dos contos falaba dunha serea chamada Milly que quería pernas para bailar e xogar ao fútbol pero que ao final déuse conta de que o seu destino era ser serea e vivir "under the sea".




















O segundo dos contos, chamado "circus life" falaba dunha rapaza chamada Meg, que decidiu que quería traballar como paiaso, aínda que despois de descubrir o cruel da vida do circo, volveu á súa vida e incluso ao seu cole...