Séguenos por correo electrónico

jueves, 29 de octubre de 2015

Semana das Bilbiotecas Escolares

Durante a semana das bibliotecas escolares, do 19 ao 23 de outubro, celebramos unha variedade de actividades que veñen significando a posta en marcha da nosa biblioteca e darlle pulo a idea de convertila nun espazo de refrencia para o alumnado, pais e mestres que se sitúe como eixo dinamizador de actividades culturais do centro.
En Secundaria fixemos dúas semanas de recreos matemáticos namentras en Primaria presentouse a biblioteca a Infantil, comezaron as madriñas lectoras e seguiuse cos recreos temáticos matemáticos que tan bo resultado deron en Secundaria.

Recreos matemáticos

Nesta semana decidiu o equipo de biblioteca celebrar uns recreos temáticos arredor das matemáticas, levando a cabo na semana anterior (do 12 a 16 outubro) un mostra de práctica na entrada do centro con bloques lóxico matemáticos, como o tangram, tetris, tridijoc por un lado e  parchís, oca, dominó, tres en raia... Añadindo na segunda semana xogos numéricos como foron os sudokus e concursos de cifras e letras. O venres día 23 fixemos un bingo en Secundaria e como tal acompañamos a festa con uns bombóns co obxectivo oculto de recordar a biblio como un lugar doce onde se poden facer variedade de actividades, non soamente actividades lecto escritoras. 















Madriñas e padriños  lectores


O mércores  21 comezou de novo e outro ano máis, a lectura por parte dos padriñose madriñas lectoras a tódolos nenos e nenas de Infantil de 3, 4 e 5 anos. De maneira personalizada e combinando as idades, o alumnado de 2º de ESO le, representa ou escenifica os contos máis demandados polo alumnado, posto que tras rematar a lectura van a biblio devolver o libro e solicitan o empréstito de outro que eles/as escollen e leva a madriña para preparar na casa durante un mes aproximadamente.
Desenvolverase esta actividades cunha periocidade mensual, sendo o día escollido o último mércores de cada mes.











Maletas viaxeiras familiares

Desde o 26 de outubro e ata o 17 de novembro teremos exposto na entrada co centro unha maleta para as familias que solicitamos dentro do programa "Maletas Viaxeiras" a cal porta unha gran cantidade de libros narrativos, vídeos, música, revistas, contos infantís, cómic, etc que ten como obxectivo fomentar o préstamo entre a biblioteca e os pais/nais/ titores do alumnado e así abrir a nosa biblio a toda comunidade educativa en xeral. Ben a través do alumnado ou acudindo ao centro en horario de apertura poderase facilitar o préstamo de calquera dos materiais dispoñibles por unha semana.