CAMPO A TRAVÉS - NEGREIRA.

 Outro ano máis disputouse a proba de campo a través da comarca do Xallas, pertencente ao Programa Xogade onde se encadran as competicións deportivas en idade escolar.
Despois de atrasala por dúas ou tres veces e a contrarreloxo, pois esgotábanse as datas, celebrouse o luns 18 de xaneiro no circuito de Negreira, a carón do colexio.
O tempo dounos unha tregua e correuse finalmente sen chuvia, comezando polos benxamíns as 11:00 e finalizando os cadetes arredor das 12:40.
Cabe destacar a gran participación do noso cole con case 100 rapaces e rapazas que non se amedrentaron polo tempo nin pola distancia a percorrer.
Desde o CPI A Picota seguimos animando a ser cada ano máis participantes, disfrutar das carreiras e a preparar as probas xa que iso permitiríanos seguir avanzando nas carreiras e coñeceríamos novos circuitos, lugares, compañeiros así coma outras fases da competición.
Agradecemos a tódolos atletas o seu esforzo e convidámolos a participar o ano que vén (aínda que tamén nos queda o atletismo en pista).


Negreira 2015.16 from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.