DÍA DA PAZ

O venres 29 de novembro do 2016 conmemorouse a festividade da Paz no CPI a Picota, se ben se traballou nas semanas previas sobre o tema central do cole neste ano, as viaxes.
E como ía de viaxes e paz, decidimos tratar as migracións de persoas, centrándonos máis polo miúdo nos percorridos que fan os inmigrantes que chegan a Europa.

Así fomos dándolle pulo a unha variedade de temas que resumimos así.

-  Creación dun audio conto que o alumnado representou. Ten como título:  " A viaxe de Bamidele".

A viaxe de Bamidele from Ismael Priegue Mayo on Vimeo.


- Exposición de mapamundi,  murais e debuxos.

 



- Traballo sobre as principais rutas de inmigración cara a Europa: de onde saen, tempo que lles leva, principais medios de transporte, condicións da viaxe, historias persoais, etc.


















-  Recreación do conto de Bamidele a través das emocións. Relacionando as accións do personaxe      segundo unhas caras pintadas de diferentes cores.




- Charla sobre a inmigración. Nesta fóronse tratando temas aproveitados desta presentación.




-Traballáronse cancións sobre a emigración: http://musicapicota.blogspot.com.es/2016/01/dia-de-la-paz-la-emigracion.html

-Cancións da PAZ.