Outro ano máis disfrazámonos no CPI A Picota para celebrar unha festa das máis agardadas do curso, o Entroido.
Este ano fomos confeccionando os traxes entre a aula e a casa, solicitando a colaboración das nais/pais para artellar a vestimenta e aportando os demais accesorios co traballo dos protagonistas no centro.
Cremos que o resultado foi positivo e todos/as os piratas, exploradores/as, marcianos e mariñeiros disfrutaron do Carnaval e a súa gastronomía.
Foi en horario de mañá (sobre as 11:00) do venres 4, no ximansio do centro e coa presenza das familias, cando comezou o desfile de tódolos cursos. Aproveitamos para lucir os disfraces cun desfile acompañado de música e con algunha pequena coreografía.
Logo, mentres lle dabamos a leria e comentabamos os disfraces, probamos os postres típicos que aportaron as familias e o centro, co fin de darlle un sabor moi doce a esta festa.