Madriñas e padriños lectores

O  mércores  24  de  febreiro  os  nenos e nenas de educación infantil de 3, 4 e 5 anos disfrutaron  unha vez máis da lectura dun conto por parte do alumnado de 2º da E.S.O.

As madriñas e padriños lectores levan os contos  para a súa casa e alí os preparan para posteriormente  contalo e  representalo ante os  pequerrechos  dunha  maneira  animada e motivadora.


É un proceso no que ademais de pasalo ben , aprenden e pouco a  pouco van asimilando cómo funciona o préstamo da biblio.