RECURSOS PARA O DÍA DA MULLER

O vindeiro martes, 8 marzo, conmemórase o Día da Muller e coma todos os anos tentaremos relacionar este tema co do Plambe, facendo unha viaxe informativa sobre o papel da muller noutros países, que persoeiras destacan máis alá das nosas fronteiras e por que o fixeron.

Preme neste enlace do CEIP Víctor Sáez, onde poderemos atopar: moitos contos,  webquest, procuras do tesouro, unidades didácticas e outras informacións.




Na seguinte ligazón podemos facer un repaso da situación actual da muller ao longo do mundo a través dos mapas xerais.



Máis ao fondo, resaltamos  aquelas mulleres que destacan a nivel mundial por enfrontarse e loitar contra as situacións que máis soen padecer.