DESPEDIDA DAS MADRIÑAS/PADRIÑOS LECTOR@S

Chegamos ao remate do curso e temos que despedirnos do apadriñamento lector desta tempada, éche unha lástima que xa había moita sincronía entre ámbolos bandos pero para o ano máis!
Todas as  madriñas/padriños decidiron como clausura das lecturas reunir a tódolos nen@s de Infantil na aula de 4 anos e alí nun acto conxunto lerlles o conto " a que saben as cores". 
Nunha dinámica sesión onde tod@s leron un algo e foi pasando a historia dunhas mans a outras, os máis pequenos quedaron moi impresionados con este novo e orixinal formato, sen deixar de prestar atención.
Como agradecemento mútuo entre os dous bandos, os pequenos e maiores do cole, intercambiáronse uns regalos como sinal de agarimo e para ter un grato recordo desta experiencia.