O LIBRO VIAXEIRO

Co gallo da celebración do día do libro e a cabalo do día das Letras Galegas 2016, mirando o tema do Plambe das viaxes e buscando as actividades ideais para estas celebracións, os equipos da bliblioteca e normalización decidiron facer entre outras cousas, un libro viaxeiro.

A historia deste libro comezou en 1º e 2º de Primaria cun torbellino de ideas sobre as posibles temáticas das que versaría o conto... alá eles/elas se apañaron para comezar a historia e compor os primeiros renglóns desta aventura viaxeira.
Do mesmo xeito continuaron os cursos de 3º e 4º, dándolle unha trama de intriga que posteriormente o alumando de 5º tería que ir encamiñando cara unha resolución  e 6º sería o encargado de porlle o desenlace a historia, optando por escribir cada neno/a un final diferente (dos cales 4 aparecen no libro).
Faltaba algo, e como non, o alumnado de Infantil ofreceuse voluntarioso para ilustrar,  debuxar e aportar uns contidos gráficos a tanta letra. Previa lectura do conto por parte das mestras, foron creando as súas esceas para dotar de colorido esta historia.

Se queres saber de que vai o conto viaxeiro e como remata, vai a biblioteca de Primaria e infantil e poderás entreterte coas súas aventuras.