XURXO MARIÑO E A SÚA VIAXE

A personaxe de Xurxo Mariño chamou a atención nas Xornadas de Bibliotecas Escolares deste curso. Foi alí onde o coñecemos, e tendo en conta o tema do Plambe consideramos que era a persoa ideal para expor o tema das viaxes.
Acudiu ao centro xa no derradeiro trimestre, pois a axenda del estaba moi chea, para presentarnos o seu percorrido polos 5 continentes durante dous anos.
Viaxou cunha compañeira e entre ambos atravesaron océanos, nontañas, desertos, ríos, etc. Comezaron polo continente africano, onde a sabana lles deixou un moi sabor de boca, compartiron experiencias únicas cos animais no deserto de Namibia e tamén no Sáhara, estando eles as veces entre reixas para non molestalos.
Na América do Sur percorreron os maiores glaciares, os Andes e subiron río arriba do Amazonas ata aprender algunhas costumes e palabriñas das tribus. Sempre empapándose da cultura, lingua, hábitos e tradicións dos nativos, como foi o exemplo de vivir a preparación do Carnaval en Río de Xaneiro.
Por Asia pasou por Mongolia, vivindo tamén as aventuras da súa poboación.

Mencionamos os diferentes transportes que tivo para moverse, se ben no deserto usou coche ou todoterreo, as barcas polo río Amazonas, viaxes a pé e sempre coa axuda de guías e persoas expertas non hábitats que se movía.