PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

No comezo deste curso académico 2016/17 estamos preparando actividades para a presentación da nosa biblioteca ao alumnado, deseñando un xogo de pistas a toda  Primaria e unhas lecturas divertidas a Infantil.
As actividades preparadas tratarán sobre  Manuel González González, persoeiro ilustre da zona que dá nome a biblio e sobre o que aportaremos máis información.
Xa podedes buscar sobre Manuel González para ter vantaxe!!!!!

Haberá agasallos a tódolos participantes para deixar bo sabor de boca e animar a que esta instalación sexa un dos espazos máis dinamizadores e de interese para o alumnado do CPI a Picota.





En secundaria tamén coñecéramos ao noso padrino, e fixéramos xogos para aprender a buscar os libros na biblioteca mediante a CDU