SPELLING BEE



                           



Hoxe, mércores  26 de outubro,  algúns nenos e nenas de 4º e  todos  os alumnos de 5º e  6º disfrutamos  coma  tolos nun "spelling bee", un concurso de deletreo en lingua inglesa.




Este tipo de concursos son unha tradición moi importante en países de lingua inglesa (sobretodo en Estados Unidos que o emiten na televisión) e teñen como obxectivo  axudar aos estudantes a mellorar a súa ortografía, ter máis vocabulario e adquirir soltura á hora de empregar a lingua.




"Picohalloween spelling bee " foi a nosa primeira vez "oficial" e foi unha marabillosa experiencia que repetiremos seguro.




As palabras que tivemos que deletrear estaban todas relacionadas coa festividade do Halloween, e así por equipos  (spiders, vampires, ghosts and bats) e sendo moi moi rápidos para darlle ao pulsador  conseguimos  acabar o conurso con moi bos resultados.






                     Parabéns aos gañadores e grazas a todos e todas por participar!