CELEBRANDO O MAGOSTO 2016

Este ano tocou un xoves como día de celebracións, xa que andivemos pendentes da chuvia. Finalmente, apareceu o sol o xoves 10 e puidemos asar as castañas e saír ao patio para celebrar a tradicional festa do magosto. 
Houbo  variedade de xogos onde a castaña foi a protagonista para despois pasar a  súa posterior degustación.
Aproveitamos tamén a ocasión para ir ata o campo de fútbol de herba artificial pegado ao cole para alí facer voar as cometas que tivemos ocasión de construír con motivo da semana das bilbiotecas escolares co lema de "fai voar a túa imaxinación".
Foi unha xornada moi entretida que valeu para descubrir os múltiples usos da castaña e o seu gran valor culinario.
Moitas gracias aos asadores, que con tal empeño e como soen facer, foron preparadas moi  moi sabrosas.