MOCHILAS VIAXEIRAS 2016.17

Saíron as mochilas cargadas de documentación para o alumnado de 4º e 6º para Primaria e 2º da ESO, agardando que encontren nelas moita información de interese e lle saquen o máximo rendemento posible.

Nas mochilas incluímos literatura, poesía, cómic, teatro, enciclopedia, prensa, revistas, cd música, musical, película, xogo para Pc, libro de lectura para as familias.


Adxuntamos tamén información para as familias sobre o PLAMBE e o programa das mochilas viaxeiras, así como unhas enquisas co fin de avaliar os contidos que levan, cales son as demandas do alumnado e unha valoración sobre o seu uso.

Para máis información tendes aquí os contidos  e as datas de entrega - recollida das mochilas por cursos, tendo en conta que falta 2º de Primaria que con 4 alumnos/as ten marxe para as datas.