Séguenos por correo electrónico

jueves, 15 de diciembre de 2016

NADAL 2016 NAS AULAS DA PICOTA

A celebración do Nadal neste ano 2016 comezou cediño, posto que nos derradeiros días de novembro xa estabamos  montando os Beléns, que ben certo é que levaron os seus traballos e non se deron rematados ata os primeiros días de decembro. Isto dou  o pistoletazo de saída para ir adornando as demais instancias do centro.

Despois da montaxe, a entrada do cole e o corredor do edificio de Primaria xa gozaban do espíritu navideño, había moito lucerío nas árbores de Nadal, moitas personaxes típicas coma Rudolph, Papá Noe, o Apalpador, Boneco de neve, Grinch ….e tamén  todos os inventos da navidades como bolas, adornos, guirnaldas e outras decoracións que se foron construíndo desde o centro.

Cremos que sobran as palabras e fan falta imaxes para ver como celebran o Nadal no cole os nenos e nenas do CPI  A Picota... e como Papá Noel entra polas chimeneas das aulas!!!