Séguenos por correo electrónico

jueves, 15 de diciembre de 2016

OBRADOIRO STOP ACCIDENTES

Este martes día 13 de decembro ofrecéronnos un taller para traballar sobre a educación vial, levado a cabo por persoal propio do programa e para os cursos de Educación Infantil e 4º de Primaria.

Resultou interesante para prever os accidentes, sobre todo nas cidades e cales son as normas de circulación, así como a vestimenta máis adecuada.

Incidiron nos nenos/as como peóns, como deben comportarse en presenza de todo tipo de tráfico, cales son os perigos máis habituais e como evitar danos xerais ao circular polas vías.