TEATRO DE NADAL PARA INFANTIL

Este luns unhas alumnas de 1º da ESO obsequiaron aos nenos/as de 1º  e Infantil cunha magnífica obra de teatro na biblioteca do cole.

Espertou gran expectación e por suposto que non defraudou xa que mantivo a atención continua dos presentes e fixo que esbozaran unhas boas gargalladas.

Baseadas nas historias de Perico (OQO Editorial) e Garavanciño  (KAlandraka Ed.) estas 5 artistas (Lucía,  Carme, Ánxela, Diana e Andrea), coordinadas pola profesora Mónica de Lingua Castelá d Secundaria, interpretaron en dúas partes os contos que refiren os libros deixando, claro está , lugar a improvisación e a recreación duns diálogos propios que puxo a proba a súa imaxinación.

Non faltou a interacción cos espectadores, facéndoos partícipes con bailes e cancións.

Noraboa  a esta "nova compañía de teatro" e moitas, moitas gracias por facernos pasar unha divertidísima tarde.