TRATAMENTO DO DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CPI A PICOTA

Con motivo  do día internacional sobre a violencia de xénero, o 25 de novembro, enfocouse no colexio da Picota o tratamento desta problemática, ofrecendo información baixo a campaña "  #CTRL non é amor", ao alumnado de 2º de ESO que posteriormente reciclaron os datos e mostraron a súa opinión nuns carteis informativos expostos no centro.

Na charla impartida por APICO explicouse por activa e por pasiva que amor non é sinónimo de control e deuse a entender que, se ben as novas tecnoloxías son ferramentas utilizadas en ocasións para o dominio, pola mesma razón son tamén unha alarma que nos faga abrir os ollos sobre a realidade da relación na que estamos e que, se cadra, non é a que máis nos convén.

E se falamos de control hai que falar do uso das novas tecnoloxías, sobre todo dos móbiles, do whatsapp e das redes sociais. Novos xeitos de comunicación que tamén son novas ferramentas de vixilancia. Velaí dúas situacións ficticias que ben poderían ser reais:
A: Cal é a túa clave do móbil?
B: Non cha digo. ¿Para que queres ver o que teño no teléfono?A: ¿Que pasa, tes algo que ocultarme?
A: Quen era o tipo que estaba ao teu lado na foto de Instagram?
B: Un amigo da pandilla
A: De onde é? E por que mirabas para el en vez de mirar para a cámara?
B: Eu que sei, cadraríalle
A: Xa, xa… cadraríalle… Pois espero que non vos cadre de saír en máis fotos xuntos… e como o vexa por aí voulle cadrar eu a el a cara


Antes de rematar a charla, a rapazada expresou nun mural distintas mensaxes relacionadas coa igualdade entre homes e mulleres, entre mulleres e homes e sobre os contidos tratados. Nós quedamos con unha: “Se te controla non o permitas, iso non é amor”.