FESTIVAL DE NADAL 2016

Chegaba o Nadal no CPI A Picota e coma tódolos anos, tocou ambientar os espazos con decoracións múltiples, facer notar a presenza dos "inventores" desta época coma Papá Noel e os Reises Magos principalmente, montar o Belén e tamén preparar as actuacións temáticas desta época navideña.

A escolla das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta de cada alumno/a e as coreografías indicadas para cada tema.

Así pois, tras varios ensaios e prácticas de cada actuación, chegamos ao venres 21 decembro para por na casa da cultura de A Picota a despedida do ano coa música e alegría destas datas.

Encargáronse de abrir o festival os máis pequenos de Infantil con un waka waka navideño.



Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º representaron de xeito moi cómico os clásicos villancicos navideños.



No medio fixemos un descansiño para entregar os premio ás postais navideñas que resultaron elixidas no concurso de tarxetas de Nadal.
A continuación, os nenas e nenos de fixeron unha magnífica interpretación teatro-musical dunha estampa navideña, digna de Hollywood.




Os rapaces e rapazas de 5º e 6º interpretaron unha obra de teatro moi destas datas sobre as crenzas e visións diferentes sobre o Nadal.





As nenas de crearon o seu propio baile, destacando a vistosidade e alegría das súas coreografías.




E xa para rematar, este ano houbo dúas exhibicións de Zumba, presentes semanalmente no cole como actividade extraescolar que organiza a ANPA. Primeiro bailaron os de Primaria e despois os de Secundaria