MALETAS VIAXEIRAS PARA AS FAMILIAS

Desde este luns 16 de xaneiro ata o 9 de febreiro, dispoñemos no CPI A Picota dunha maleta viaxeira destinada ás familias con exemplares moi variados que tentan ampliar a oferta da biblioteca.

Preténdese reforzar as actividades cara ás familias, traballar con elas no fomento da lectura e tamén responder a todas as preguntas que os pais e nais se formulan no día a día.

O préstamo será de 7 días,  podendo levar un exemplar de cada vez, ben acudindo ao centro ou encargando o préstamo a través do seu fillo/a ou titorando.

Recordar que o horario da biblioteca para os pais/nais será os luns de 16:55 a 17:45.

Se queren saber máis sobre a mochila viaxeira e o seu contido, visite este link: