XOGADE. CAMPO A TRAVÉS. A BAÑA. 12.01.2017

Disputouse desta volta a fase comarcal de campo a través en A Baña, cun percorrido moi fermoso e indicado para estas idades. A carón do campo de fútbol marcaron un circuito delimitado polas cintas que guiaba perfectamente aos participantes ata completar a súa distancia e voltar a liña de saída que se convertía en chegada despois.

Un día nublado onde a chuvia non apareceu ata a parte final da competición, os nenos e neas puideron disfrutar deste deporte en toda a súa esencia, posto que a organización do evento permitíalles participar nas carreiras,por suposto, tamén visualizar as zancadas de outros compañeiros/as e ao mesmo tempo quentar e xogar libremente no campo de fútbol.

Na cita presentouse o equipo do CPI  A Picota con 51 alumnos/as de Primaria e 24 da ESO, acompañados por 5 mestres. Saímos do centro sobre as 10:00 hrs. chegando xusto xa para o comezo das probas e voltando ao cole sobre as 13:30 os de Primaria para o comedor escolar e sobre as 14:00 hrs. os alumnos/as de Secundaria, xa listos para rematar a xornada.

No tocante ao grado de satisfacción dos participantes, cremos que resultou do seu agrado a experiencia, de forma xeral e máis gratificante foi para aqueles corredores/as que lograron clasificarse para a vindeira fase intercomarcal de campo a través, a cal se celebrará na Serra de Outes o venres 27 de xaneiro.
Xa cos resultados e clasificados no noso poder, informamos de que acudiremos a Outes con 11 atletas, case que un por categoría de base e un equipo en Infantil femenino. Nas categorías de maiores (cadetes) non logramos clasificarnos.

Noraboa a tódolos atletas e coma sempre, convidámolos a seguir practicando este deporte e a disfrutar en toda a súa esencia da actividade física en espazos naturais.