XOGOS DE MESA PARA A BIBLIOTECA

Este ano trouxeron os Reises Magos de Oriente uns cantos xogos clásicos para a biblioteca do CPI  A Picota.

Estes regalos foron unha grata sorpresa que atopamos a volta do Nadal e que desempaquetaron os propios alumnos/as con moito entusiasmo... cando viron o monopoly, o party, pictionary,  xogos reunidos, tumbling monkey., memoriza electrónico, vaya lío, tabú, electron, cifras e letras.....

Resultaron moi interesantes estes xogos, posto que a dinamización veuse afectada favorablemente, sobre todo nos días de chuvia, cousa lóxica e que coincide exactamente co propósito e fin da petición dos xoquetes aos Reises.