Concerto e Indoorwall en Santiago

O 16 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tiveron unha mañá moi movidita.
Primeiro asistiron ao concerto no Auditorio de Galicia, titulado Gallaecia, gallaeciños para profundizar na evolución histórica do jazz de forma lúdica e moi participativa.

Despois fomos a Indoorwall para iniciarnos nun deporte de aventura, o rocódromo, onde puidemos subir por distintas paredes, perdendo o medo as alturas e cooperando un cos outros.

Para rematar a salida didáctica fomos a comer As Cancelas, para descansar un pouco de tanta actividade física e recargar as pilas.

Foi un día estupendo onde puidemos rir, aprender, facer deporte e coñecernos moito máis entre nós.


No seguinte enlace veredes algunhas fotos de esta estupenda saída.

https://goo.gl/photos/7oyr2egvZ2uyGgxc8