DÍA DA MULLER TRABALLADORA. 8 DE MARZO 2017

A muller foi a protagonista deste día, o 8 de marzo.

Para unha data tan sinalada preparamos varios actos onde o eixo condutor e protagonista foron as mulleres inventoras e tamén as nais que día a día se reinventan para dar resposta a todo canto se lle poña diante. Tamén nos visitou Encarna Otero para falar das súas experiencias sobre este tema.

Destacamos a Marie Curie, polo que unha alumna de 3º da ESO (Sheila), moi ben caracterizada, pasou polas aulas de todo o centro, "renacendo"  e presentando a súa obra con un discurso adaptado e mostrando os inventos que ela fixo, mudando parte do mundo. Destacou esta actividade pola acollida que tivo e a súa didáctica en relación a este día.


Na titoría de 2º  ESO A, traballaron este tema e mostráronse repartirdo uns lazos violetas para identificar este día e tamén expuseron no corredor da entrada unhas adicatorias dos nenos/as cara as mulleres da súa vida, as NAIS.

A entrevista a Encarna Otero feita e gravada por alumnado da ESO dou continuidade  a unha presentación- introdución deste día aos demais alumn@s e unha charla no salón de audiovisuais, do que trataron varios aspectos da muller e a súa situción na actualidade.