Día da poesía: Gloria Fuertes

    Para celebrar este día, como nos parece moi importante a poesía e trabállase pouco, decidimos dedicarlle unha semana.
    Entre outras actividades, o alumnado de secundaria traballou nas clases a figura de Gloria Fuertes para conmemorar o centenario do seu nacemento, e fixéronse actividades que tamén tiñan relación co "Día da muller traballadora".
    Expúsose no tablón da biblioteca algúns poemas desta autora, que foron recitados por algúns alumnos.


    Neste vídeo podedes ver a alumnos recitando:



Puxemos tamén no corredor próximo á pasarela, un tablón onde cada membro da comunidade educativa tiña a oportunidade de escribir unha poesía e así ir aproveitando nas clases para traballar as rimas.
Resultou atractivo, pola orixinalidade das poesías INVENTADAS.
Fíxose polo tanto, a semana da poesía para dar marxe ás novas construcións e alí seguen expostas esta semana para a súa visualización.