ENTROIDIÑ@S 2017

Rematando o mes de febreiro chegou unha das citas máis agardadas para o alumnado do colexio da Picota, era o Entroido.

Despois do acordado sobre a temática de cada aula e relacionada cos INVENTOS, cada nivel foille dando xeito a eses disfraces durante máis de un mes de traballo continuado nos "tempos mortos"

E así chegamos ao venres 24 de febreiro como data grande dos festexos, incluíndo as degustacións aportadas polas familias, a mostra dos disfraces no ximnasio e un desfile polas rúas do núcleo urbán de A Picota.

Presentamos a continuación, tódalas fotos e vídeos que fomos xuntando deste ENTROIDO 2017.

3º  EI: Sinais de tráfico
4º EI: Coches
5º EI: Os inventores
1º , 2º, 3º EP: Inventos cotiás  da casa e da escola.
4º EP: Os inventos e os seus inventores máis importantes.
5º EP: As telecomunicacións
6º EP: Emoticonos
1º ESO B: Descubrimento do lume
1º ESO A; Países do mundo.
2º ESO B: Minions
2º ESO A: Zombies
3º ESO A: Calendario meses do ano
3º ESO B: Muro de México
4ºESO: Grupos de disfraces variados.