Primeiro programa do "English/Gal radio show": CHRISTMAS AROUND THE WORLD


Este curso 2016-2017 un grupo de alumnos de 5º e 6º de primaria forman parte dun novo programa chamado "English/gal club radio show". 
Neste clube os participantes elaboran programas de radio desde 0, eles mesmos escollen a temática , elaboran o guión, fan as entrevistas, os anuncios, etc... É un programa bilingüe en galego e inglès. Todas e todos están a traballar moitísimo e iso que non é unha tarefa sinxela.

Aquí tedes algunha foto dalgúns deles en diferentes entrevistas e unha mostra do primeiro programa chamado : Christmas around the world.














Parabéns a Gabriel,Yeray,Lucas, Lara, Paula,Lidia,Alexia,María, Carla, Valeria, Manuel e Anxo polo voso traballo, esperamos máis entregas!