XORNADAS DEPORTE ESCOLAR INTERCENTROS

Retomouse a iniciativa das xornadas deportivas con outros colexios da zona. Así, desta ocasión o martes 7 de marzo tocoulle ao CPI de Zas darnos unha visita para xogar ao balonmán, baloncesto, brilé e fútbol sala. 
Debido a inestabilidade da climatoloxía, tivemos que cambiar as instalacións do centro polas do pabellón deportivo do Concello, que moi amablemente nos posibilitou a última hora dispor dun espacio adecuado para que o alumnado de 3º e 4º de Educacion Primaria de ambos centros  disfrutara dunhas xornadas de práctica deportiva intercentros.
Participación exitosa e satisfactoria segundo as opinións dos nenos/as que agardan que estes encontros se repitan máis a miúdo ....e facéndolles caso,o vindeiro martes devolveremos a vista a Zas con alumnado de 5º e 6º.