DÍA DO LIBRO ENTRE NÓS

O libro foi o protagonista desta semana no noso centro, xa que foi o eixo sobre o que xiraron as actividades propostas para celebrar o seu día.
Comezamos facendo uns talleres, o xoves 20 e venres 21 deste mes de abril (pois a celebración oficial coincide en domingo 23),  nos corredores de Primaria e durante os recreos de mañán e comedor.
Deste xeito cando os alumno/a pasaban por diante do espazo habilitado, estes preguntaban que se celebraba e que pretendíamos facer con eles. Pois iso era, facer marcapáxinas con forma de rosas e que lles valía para sinalizar por onde estaban lendo a revista que lles regalamos, en débeda por colaborar na celebración.


 

Continuamos a difusión deste día de tanta consideración nas escolas con uns contacontos, de maneira que desde  4º de Infantil ata 6º de Primaria todo alumnado foi pasando pola biblioteca para escoitar as aventuras de certas persoaxes e a súas relación cos libros.

"Teo e os libros" foi o volume encargado de facer rir e captar o interese do alumnado de menor idade que tras pasalo moi ben foron agasallados/as  cunhas revistas para a súa idade.

"El libro volador" convirtiuse no texto que gustou aos alumnos máis maiores, facéndoos viaxar e soñar con libros que a través das súas letras fan voar a imaxinación. 

Como complemento, este alumnado tamén foi obsequiado para fomentar a lectura con revistas informativas tipo National Geografic, Okapi ou Reportero Doc, das que o centro está suscrito desde fai un tempo.