EASTER EGG HUNT 2017




 O  pasado martes 4 de abril, os alumnos e alumnas  que forman parte do English/Gal club  radio show pasaron unha xornada moi agradable e entretida. Correron, saltaron, riron e competiron para  conseguir o desexado premio. E todo isto formaba parta dunha actividade propia deste  tempo, especialmente en países como Reino Unido e nos Estados Unidos. Si,  pensades ben, unha busca do ovo de pascua. (Easter Egg Hunt).

A tradición real di que temos que decorar e pintar ovos  de galiña, pero nós que somos uns modernos decidimos usar ovos enormes de papel con pistas para darlle máis emoción á busca. Cada pista conducía a outra e así ata a última que decidiría o equipo gañador!




Esperamos novas edicións!