Séguenos por correo electrónico

miércoles, 26 de abril de 2017

RECREOS MATEMÁTICOS E MALETA VIAXEIRA MATEMÁTICA

A semana comprendida entre o 20 e 28 de abril estamos intentando captar a atención de todo o alumnado do CPI  A Picota durante os recreos e aqueles "tempos mortos" que teñan para que se acerquen aos espazos habilitados, hall de entrada e corredores de Primaria, para que se entreteñan con bloques lóxicos, problemas de razoamente, cálculo mental ...e demais accións que lles fagan exercitar de xeito lúdico e agradable o razoamento matemático de cadaquén.

Habilitáronse mesas con sudokus, bloques lóxicos de encaixe, Tangran, problemas matemáticos... e durante esas semanas puideron disfrutar desta actividade.


Acompañamos esto ca maleta viaxeira de matemáticas, que ao igual que a maleta para as familias, se expuso no centro co fin de dotar ao profesorado e ás familias  de máis recursos para incorporar técnicas diferentes na proceso de ensinanza-aprendizaxe desta meteria.


           Fai clic aquí para ver as fotos dos recreos matemáticos e da maleta viaxeira das matemáticas.