Días das LETRAS GALEGAS: Carlos Casares

Con motivo desta festividade, no noso centro expuxéronse  carteis sobre a vida e obra de Carlos Casares Mouriño, algúns feitos polo alumnado e traballados nas aulas sobre este persoeiro. 
Tamén  se elaborou un marcapáxinas, xunto co EDNL, sobre o homenaxeado que se repartiu a todo o alumnado e persoal do centro.
Adicámoslle a tarde do martes 16, a poñer en escea o material elaborado, entre os que encontramos:
- poesías recitadas,
- ilustracións varias sobre as súas obras e diversos formatos, 
- pequenas representacións da "Galiña azul", 
- recreando a propia galiña en 3D, 
- comentando os inventos de Toribio,
 - repasando a bibliografía cumprimentando un encrucillado,
 - cantando a canción que preparou un CEIP de Ourense,
- visionando un resumo da súa obra,
- expoñendo no corredor da pasarela tódalas impresións na súa referencia,
- comentando os carteis expostos no taboloeiro; etc