Séguenos por correo electrónico

jueves, 4 de mayo de 2017

OBRADOIROS DE FROITA DIVERTIDA

Este taller vinculado a semana da saúde  foi elaborado para fomentar o consumo de froita, como alimento básico na dieta de toda persoa e polo tanto, fundamental  nos hábitos alimentarios e saudables dos nenos/nas do colexio cara os que vai dirixido este obradoiro.

De aí que decidísemos experimentar de xeito divertido coa froita, manipulándoa na procura de figuras que nos chamasen a atención. Fixémolle cortes variados, xogando cas figuras xeométricas, metades e outros conceptos matemáticos, ademáis de xogar deseñando animais, paisaxes e outras figuras que se nos ocurrisen.

Seguimos cunha exposición en cada aula ou corredores próximos de todo o elaborado que lles mostramos a continuación.