PLANTACIÓN NO INVERNADOIRO 2017

 Infantil e Primaria acudiu a plantar no invernadoiro coma estes anos. Fomos en conxunto, o venres 28 na sesión de tarde, alí  cada un dos nenos/as colleu o seu tarro, púxolle o nome, de seguido encheuno de terra e púxolle as sementes da planta que os mestres/as lle foron dando.  As sementes eran diferentes para variar as especies plantadas e que as producións sexan variadas ao mesmo tempo que funcionais para que eles/as poidan ver o crecemento de contadiño.

Unha vez tendo xa o tarro completo, houbo que levalo a unha mesa de plantación dentro do invernadoiro, para alí ir colocándoos por aulas e así poder recoñecelos mellor e despois regalos.

Agora estas plantas están no proceso de crecimento, polo que os cursos iranse turnando para regalas, coidalas e de paso ir comprobando a evolución de cada especie plantada.