Séguenos por correo electrónico

miércoles, 7 de junio de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO


E cando as condicións meteorolóxicas o permitiron… puidemos facer a excusión!!!!

Saímos do cole en dous autobuses para facer itinerarios diferentes na xornada de mañán e xuntarnos para a comida.

O alumnado de Infantil, 1º e 2º de  Primaria, visitaron  o Centro de Interpretación do Parque Natural de Corrubedo, onde nos falaron da píllara das dunas e puidemos ver os seus pequenos ovos,  coñecendo datos curiosos sobre o resto da fauna e da flora da zona.

Baixamos para ir ao Museo do Mar, onde tivemos a oportunidade de ver os diferentes aparellos do mar que se foron usando ao longo dos anos, tipos de areas, cunchas de moluscos, réplicas do parque en maquetas e diferetes datos moi interresantes sobre o noso litoral.

Tamén vimos unha dorna típica de Ribeira e unha pequeña exposición de fotos da flora e fauna do entorno dunar.

Despois da merenda fixemos unha pequena visita á Praia do Vilar, onde os rapaces disfrutaron correndo e xogando descalzos pola area.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, empezaron subindo ao mirador da Pedra da Rá , que debe o seu nome a súa forma. Alí o profe Juán explicounos  todo o que podiamos divisar dende alí: Illa de Sálvora, Corrubedo, a Praia do Vilar…


A continuación subimos ao Castro da Cidá dende  onde había unha vista de 360 grados arredor, ademais este Castro tiña a peculiaridade de que as construccións eran cadradas e non redondas como acostuman ser.

Despois  de merendar, fomos ao Parque de San Roque, onde estaba previsto xuntarnos co resto do grupo. E aínda tivemos tempo de xogar un pouco antes de que chegara o outro autobús.

Cando chegou o outro grupo, sentámonos a comer no merendeiro do Parque, e ao rematar, xogamos todos xuntos.

Rematamos a excursión visitando a Gran Duna de Corrubedo, e despois voltando aos autobuses para dirixirnos de novo ao cole onde nos estaban esperando as familias.