Inventando con Léctor en lingua galega de secundaria. Xulio Verne e o papel

Ao longo deste curso académico 2016-2017, o fío condutor de gran parte das nosas actividades didácticas foi o tema Os inventos.

Durante a 1ª avaliación os alumnos de 2º de ESO, divididos en grupos de dous, elixiron catro inventos dunha listaxe que previamente lles entreguei e na que recollía grandes inventos para a humanidade. Ao remataren, expuxeron o seu traballo ante o resto dos compañeiros. Posteriormente, no 2º trimestre, a través do drive, os dous grupos prepararon unha exposición sobre as predicións que realizou o escritor francés Xulio Verne nas súas novelas e que se fixeron realidade moitos anos despois.


                                        Pincha aquí para ver o traballo sobre Xulio Verne

Co alumnado de 3º de ESO preparamos a invención do papel (etimoloxía do termo; os chineses, os inventores do papel e a súa expansión cara a Europa e América).