INVENTANDO CON LÉCTOR en matemáticas de secundaria



O departamento de Matemáticas traballou co alumnado o tema dos inventos, mediante a realización de murais, do seguinte modo:




- No grupo 1º A escolleron o reloxo, e no grupo 1º B os calendarios. Traballaron en grupo todos os alumnos do curso e contamos coa axuda da profesora de PT que colaborou co departamento.
Pincha aquí para ver máis fotos dos murais

-Estudando os temas de xeometría recordamos a importancia que tiveron o compás, cartabón, astrolabio... na ciencia en xeral e na astronomía e navegación en particular.



- Dende un punto de vista mais lúdico, traballamos o calendario co grupo 3º ESO A no Antroido, pois como son doce alumnos, decidiron disfrazarse de calendario, un alumno disfrazado de cada mes.