Inventando con Léctor en relixión de secundaria

Durante o 2º e o 3º trimestre realízanse as actividades seguintes cos diferentes grupos:

A) A IMPORTANCIA DA IMPRENTA NA PUBLICACIÓN DA BIBLIA;

-En 1ºA: Traballouse, xunto co Departamento de Lingua Castelá, a importancia que tivo o descubrimento da imprenta, sobre todo na publicación da Biblia.

Para iso, buscouse información en diferentes fontes, a nivel individual; logo resumiuse por grupos, expúxose na clase, e co obtido nos diferentes apartados e grupos, fíxose un mural, que se colocou cos demais traballos dos diferentes departamentos no corredor do centro.

-En 1ºB: incidiron nos “Preliminares da Imprenta” e no vocabulario do entorno deste tema: a influencia de Oriente neste ámbito, os diferentes tipos de letra, o material no que se escribía, e todo o referente o oficio dos escribanos , así como é, a día de hoxe, a consideración dos incunables, etc. A metodoloxía de traballo foi a mesma que en 1ºA.


En 2ºA E 2ºB traballouse “O reloxo”, pois estabamos tratando o tema do tempo na Biblia.

En 3ºA traballamos o invento do “misto” por estar tamén relacionado con outro tema bíblico, como é o da luz.