Dámosvos á benvida a todo o alumnado, equipo docente, non docente que traballades no CPI a Picota!!!.
Estamos encantados de comezar este novo curso 2017-18, xa que temos moi boas expectativas que iremos publicando durante todo o curso neste blog da biblioteca Manuel González González.
Para comezar, recordámosvos que o ex-alumnado e os pais dos alumnos do centro poden vir a solicitar prestados libros, CDs e DVDs. O horario de préstamo para todos eles será todos os luns de 16:55h ata as 17:45h.
Tamén imos solicitar duás maletas viaxeiras as Bibliotecas escolares de Galicia, como xa fixéramos os anos anteriores, unha contén libros adicados ás familias de primaria e outra trata do Camiño de Santiago.
O tema do Plan de bibliotecas escolares para este ano, titulado "LÉCTOR É O GUÍA PARA COÑECER O NOSO PATRIMONIO CULTURAL" trata sobre o noso patrimonio cultural, especialmente da zona de Mazaricos, polo que necesitaremos a vosa colaboración para poder acercar aos rapaces a gran cultura autóctona que temos dende hace anos.
Tamén colgaremos na páxina web do centro as novidades máis señaladas de nosa biblioteca. A dirección é: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpipicota/taxonomy/term/70