Samaín 2017

ACTIVIDADES SAMAÍN 2017

§    EXPOSICIÓN DE CABAZAS DURANTE TODA SEMANA
    Entre o 30 de outubro e o 3 de novembro celebramos o Samaín no centro. Respectando a tradición das cabazas, houbo unha semana de prazo para depositalas e que estas fosen decorando os corredores, servindo así como aperitivo do que posteriormente celebramos.




LUNS 30 a XOVES 2
§    RECREO das 12: MAQUILLAXE DE TERROR NA AULA DE XOGOS INFANTIL (para todos que quixeran)
Obradoiro de maquillaxe onde as mestras pintaron a todo que alí pasou e deixou máis vampiros, bruxos e feras que alumnado no cole.
O alumnado de Secundaria voluntario, ofreceuse para pintar aos máis peques e tiveron clientela de arreo.
Bo traballo chicas!!


DECORACIÓNS E AMBIENTACIÓN DOS ESPAZOS CONXUNTOS




VENRES 3

De mañán:

§  DE 11 A 12: VISITA  TENEBROSA Á BIBLIOTECA DO CENTRO (INFANTIL).
    Os nenos e nenas destes cursos foron percorrendo algúns dos espazos do centro decorados para a ocasión, neles tentábase recrear a idea do Samaín.

§  RECREO das 12: MAQUILLAXE DE TERROR NA AULA DE XOGOS INFANTIL (DE 1º  A 6º DE PRIMARIA)
       
       Maquillaxe de acompañamento aos disfraces que trouxeron os rapaces/zas.


§  DE 12.30 A 13.20 : VISITA  Á TENEBROSA BIBLIOTECA DO CENTRO (DE 1º A  6º EP)
    Estes niveis educativos visitaron os corredores e a nosa biblioteca, todos preparados para pasar un tempo divertido onte as risas, medo e os sustos eran os protagonistas da acción, todo conducido por unha historia sobre a orixe do Samaín ambientada na Picota que introducía algún sobresalto.



De tarde:
§  

§  15:00 CONTO DE SAMAÍN PARA INFANTIL E PRIMARIA EN AUDIOVISUAIS
 Sobre as lendas traballadas na área de Lingua Galega en 5º e 6º ,escolleuse unha para gravar e facer un audioconto neste día. Coas voces de alumnos/as de 5º e 6º escoitamos, como pasaron un día de medo, unha familia de entre nós.


§  15:30 PREMIOS AOS CONCURSOS DE CABAZAS E ALIMENTOS DO TERROR
      Unha forma de agradecer a participación do alumnado é facer as máximas e mellores actividades posibles, dándolle vistosidade a todo que eles/as colaboran. Como complemento a maiores, e para levar un recordo do día e ter constancia do traballo feito, queremos darlles un premio ás cabazas e comidas do terror que resultaron ser máis admiradas e con máis comentarios positivos. 

   MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!



§  16:00 DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS ELABORADOS ANIMADA CON MÚSICA E BAILE.
    Despois dun día largo e con moito axetreo, tivemos o momento de coller folgos e probar os alimentos con tanta apariencia terrorífica. Se pola súa visiblidade non atraían,o seu tacto, textura e sabor dixéronnos o contrario e fixeron as delicias de todos nós.