Semana contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 27 de novembro comezamos a semana contra a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Durante os cambios de clase escoitaremos ao grupo xuvenil de Teo,  Máis boas cas patacas,  coa canción "SON MULLER" que está arrasando na rede.

As intérpretes son Valeria e Ruth (voces); Ana (guitarra); Sara (baixo); Carme (uquelele); Cristina (piano) e Candela (á batería) reivindican os dereitos e a igualdade para as mulleres do IES de Cacheiras.



En Infantil: realizaron un gran lazo violeta marcando as súas mans con pintura violeta no corpo do lazo.

En Primaria: elaboráronse uns marcapáxinas coas imaxes e frases en contra da violencia de xénero,   expostos no corcho da pasarela para ler e dar cabida a todas esas frases entre nós.

En secundaria: fíxose un calendario de novembro no que cada día ten uns recortes sobre historias deste tema e que despois de pasaren quedan no olvido.

O luns:

1.- no recreo de Secundaria e á primeira hora da tarde, en Infantil e  Primaria celebrouse o acto:
- proxectando un corto,
- lendo un manifesto en contra da violencia de xénero e lemas dos expostos nos marcadores,
- visioando un power point con imaxes sobre esta temática mentres se toca en directo algunhas pezas instrumentais con guitarra,
-  un minuto de silencio en contra da violencia de xénero e recordando a todas as víctimas,
- letras presentadas polos alumnos de 6º, co lema "maltrato cero".


Durante toda a semana a información sobre a música que soará no recreo relacionado con esta temática está no seguinte enlace:
https://docs.google.com/presentation/d/1uRMlzrb2YjTbdDGYDg-bVznrBQoJ9vyyIu_3GVa9SPU/edit?usp=sharing