TEATRO: A nena que quería navegar

Fomos convidados polo concello de Mazaricos, tódolos colexios deste axuntamento para presenciar unha estupenda obra sobre o bullying e o maltrato nas aulas, todo elo enfocado con gracia e música para que resultase entretido a toda Infantil e Primaria.


Entre o cole de San Cosme, Pino de Val e a Picota enchemos a casa da cultura e rematamos agradecendo con palmas e cancións cheas de rima a excelente proposta sobre este tema da compañía Redrum Teatro coa súa nova montaxe, titulada  "A nena que quería navegar". A obra está protagonizada por Laura Míguez e Guillermo Carbajo, dous actores/actrices coñecidas/os polos seus papeles en diferentes series de A Galega, e dirixida por Álex Sampayo, director tamén de series como "El Internado" e "Padre Casares". O texto é do propio Sampaio e Borja F. Caamaño.

Agardamos que todos tomáramos nota das actuacións nos patios e aqueles xestos que non axuden a mellorar a convinvencia e ninguén perda o interese por acudir ao cole debido a detereminadas actucións que ningunean a compañeiros/as.