Séguenos por correo electrónico

jueves, 14 de diciembre de 2017

Madriñas lectoras 2017

O pasado xoves 30 de novembro comezou de novo e outro ano máis, a lectura por parte dos padriños e madriñas lectoras a tódolos nenos e nenas de Infantil 3, 4 e 5 anos. 

De maneira personalizada e combinando as idades, o alumnado de 2º de ESO maioritariamente e outros 3 voluntarios de 3º, van representando, escenificando ou lendo os contos máis demandados polo alumnado, posto que tras rematar a lectura,"@s afillad@s" van á biblio a devolver o libro e solicitan o empréstito de outro.

Os máis pequenos son tratados de medo, xa que eles son os que escollen os contos que queren ler, os espazos onde van ser lidos, a maneira e xeito de contarllos e por se non fose pouco, gozan do máis profundo cariño das madriñas (esas son a maioría).

As madriñas levan o conto para preparar na casa durante un mes aproximadamente.

Desenvolverase esta actividades cunha periocidade mensual, sendo o día escollido o último xoves de cada mes.