Excursión ao Teatro!!


O pasado martes, 20 de marzo, os nenos de 1º,2º 3º e 4º fomos de excursión a Santiago para asistir á representación dunha obra de teatro titulada “O conto da azuzaina”.
 Fomos todos nun só autobús de Autos González, e xa o pasamos ben polo camiño porque fomos cantando, xogando e charlando.
Cando chegamos a Santiago pudemos ver as torres da catedral mentras iamos camiñando pola rúa. Logo os profes compráronnos unhas galletas nun supermercado para que non tiveramos fame no teatro, e estaban riquísimas, todos repetimos varias veces!
Cando chegamos á entrada do Teatro Principal atopámonos con Noemí, unha ex-alumna do noso cole que ahora vai a outro colexio de Santiago e estaba alí coa súa clase para ver a mesma obra que nós, que casualidade!
Mentres esperabamos para entrar vimos unha porta cun picaporte en forma de man que nos chamou a atención, e tamén nos sorprendeu ver tres policias patrullando con armas.
Cando por fin entramos ao teatro vimos que a sala era inmensa, tiña moitos asentos e estaba moi ben decorada. A obra trataba de dous chicos que estaban nunha “fábrica” facendo libros. Un deles morría de sono e quedaba a durmir moi fácilmente. O seu xefe primeiro mandoulles facer un libro de animais: vacas, porcos,...ata que chegaron ao ornitorrinco, que non sabían como era nin que son facía. Cando remataron o libro pedíanlle os cartos dicindo “TACA,TA” pero o xefe non lles pagaba. Despois mandoulles facer  tamén o libro das familias.
Ao final da obra os actores presentaronse e dixéronnos que eran Pedro, Fran e Juan;  Logo deixáronnos facerlles preguntas, que foron contestando entre os tres con moito agarimo.
Cando saímos do Teatro fomos outra vez para coller o autobús, que nos levou a Area Central, que foi onde comemos. Todos levabamos moita comida rica e moitas chuches. Despois de comer os de 3º e 4º fomos a comprar a unha máquina de bolas e algúns compraron un sobre de cromos. Logo fomos para a praza que hai no medio de Área Central e xogamos ao redor dunha fonte que hai alí e que estaba bastante chea de lixo.
E chegou a hora de voltar para o cole... fixemos unha foto todos xuntos e voltamos ao autobús. Na viaxe de volta tamén o pasamos moi ben cantando e xogando.
Foi unha viaxe moi longa e divertida. Pasámolo xenial!!




Xornalistas: Alumnado de 4º