Séguenos por correo electrónico

mércores, 4 de abril de 2018

MULTIDEPORTE ESCOLAR BAIO -PICOTA

Martes 6 de febreiro, son as 10 da mañán e imos con toda a nosa ilusión do mundo ao centro Labarta Pose de Baio para xogar ao baloncesto, balonmán, fútbol sala e brilé.

A xornada de chuvia  provoca que xoguemos no pavillón deportivo e adaptemos os encontros ao espazo dispoñible.

Xornada para o alumnado apetecible, a cal esperamos repetir e continuar nos vindeiros anos.

Eles devolveron a visita e viñeron xogar ao noso pavillón o xoves 22 marzo e así todo alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º tiveron a oportunidade de practicar varios deportes en partidos e divididos por grupos.

Inesquecible xornada deportiva para estes alumnos da zona que se asocian para levar a cabo estes días de multideporte, de gran interese e riqueza social.