PLANTACIÓN CASTIÑEIROS DETRÁS DO CENTRO MÉDICO

Antes de semana Santa, o mércores 21, fomos plantar castiñeiros detrás do centro médico da Picota.
Como anos anteriores, temos alí xa unha plantación e estamos pendentes do crecemento das novas árbores.

En xornada de tarde, alá fomos todos de Infantil e Primaria con sachos, legoñas e ferramentas varias para por os castiñeiros nos ocos que nos deixaron feitos os operaios do Concello de Mazaricos.

Así que con mans e utensilios varios tapamos buratos de puxemos a terra arredor das plantas-
Seguimos de cerca a súa evolución e agardamos que crezan sans e fortes para que os vexan os nosos/as fillos/as.