O obradoiro de radio do CPI A PICOTA está na fase final deste curso.
Este traballo lévase a cabo entre alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e os mestres de música e inglés que durante os recreos de comedor, reúnense dous días a semana para avanzar nestas e outras actividades, tal e como poderemos escoitar hoxe.
Neste capítulo poderemos escoitar as experiencias e aventuras relatadas por uns estranxeiros durante o Camiño de Santiago, que ben sabemos que é un patrimonio dos grandes que ten moita presenza na nosa zona.
Non vos perdades este audio, ten moitas anécdotas e debemos destacar este gran traballo dos participantes neste Contrato Programa.