OBRADOIRO NA PANADERÍA IGNACIO

Tocáballes aos máis pequenos do cole ir de viaxe por segunda vez este curso. Desta, era algo máis cerca, fomos a Vimianzo. 

Elaboramos pan nun taller que nos organizou a Panadería Ignacio con moita dedicación i éxito, alí mesmo donde eles/as traballan a diario.

Sabemos xa cales son os ingredientes cos que se fai o pan....e tamén a pizza, polo que dicimos que tamén sabemos elaborar estes produtos, pois fixemos un boliño de pan para cada un de nós e comemos alí a pizza que nós mesmos fabricamos...certo é que nos axudou o noso monitor panadeiro.

Tivemos tempo para unha merendola das farturentas e sabrosas, pois na Panadería Ignacio déronnos a pizza, unhas napolitanas e moitos refrescos para acompañar esta merenda.

Moi agradecidos e con máis sabiduría marchamos da panadería pero aínda nos quedaba parte do día por diante e daquela aproveitamos para visitar o Concello de Vimianzo, comer e xogar nun parque próximo.

Deste xeito voltamos para o cole e xa foi baixar dun autobús para embarcar noutro, algo cansos pero con ganas de repetir estas experiencias.

Recomendamos este obradoiro de panadería, resultounos moi entretido e didáctico.